CRTVG

Buscar

Grandes lugares

Ribeira de Piquín, Seavia e Sabucedo

22/05/2016 23:30 h

“Grandes Lugares” fará este domingo un percorrido por tres lugares especiais da xeografía Galega: Ribeira de Piquín, Seavia e Sabucedo. 
No interior lucense atópase o municipio de Ribeira de Piquín. Relativamente novo, formouse na década dos 50, hoxe é para os veciños un verdadeiro remanso de paz e tranquilidade. O programa da Televisión de Galicia constatarao para os espectadores. 
“Grandes Lugares” tamén visitará a parroquia de Seavia, no concello coruñés de Coristanco. Alí habitan os mellores regueifeiros, artistas da dialéctica improvisada en verso. Son poucos os veciños do lugar, pero teñen moi boa relación e sempre miran uns polos outros. 
Por último, o espazo da Televisión de Galicia marchará ata Pontevedra. Máis concretamente a Sabucedo, famoso polos seus curros, espazo en que se encerran as bestas do monte para levar a cabo a rapa dos animais, un sinal de identidade de toda Galicia, que ten neste lugar un dos seus maiores expoñentes. 

Atopar capítulo por: