CRTVG

Buscar

Foro Aberto

Rescate si ou non? en Foro Aberto

12/12/2012 22:45 h

O programa “Foro Aberto” pecha a semana de actualidade abordando, na primeira parte do programa, unha das decisións máis transcendente dos últimos anos Rescate si ou rescate non?. Unha pregunta que de seguro abrirá o debate entre os convidados que serán Domingo Bello Janeiro, catedrático de Dereito Constitucional; Javier Sánchez –Agustino, avogado e José Luís Gómez, xornalista.

Outro tema serán as primarias que se desenvolverán no PSOE e que volve por en evidencia a flebeza de liderado no partido.

Por último, haberá debate sobre outros temas de actualidade como son as redes sociais, no día en que Bieito XVI se estrea en Twitter e tamén sobre a decisión de Gérard Depardieu de establecer o seu domicilio fiscal en Bélxica para fuxir da presión impositiva de Francia. 

Atopar capítulo por: