CRTVG

Buscar

Meniños cantores

Programa 3

09/01/2022 19:45 h

No terceiro capítulo de Meniños Cantores viaxaremos a cinco centros: comezaremos polo de Salceda de Caselas; interpretarán, axudados pola madriña Uxía, un tema propio da zona de Caselas pertencente á tradición do entroido. Despois iremos a Tui, onde o seu padriño Pancho Álvarez amosará aos meniños o ritmo da pandeirada dende unha peza tradicional: “A raíz do toxo verde”. Cruzaremos o Miño e chegaremos a Valença, onde os alumnos da vila, acompañados por unha orquestra clásica formado por rapaces, interpretarán un tema tradicional pertencente ao cancioneiro minhoto, “Este linho é mourisco”, que fala do cultivo e elaboración do liño. O seu padriño é Augusto Canario. Río abaixo chegaremos a Vilanova da Cerveira, onde poderemos ver unha versión máis relaxada dunha peza musical que xa escoitaramos en Montalegre: “Vai marinheiro”. Nesta ocasión o padriño é Cándido Miranda, acompañado por Zico Malheiro. E remataremos o programa na Guarda, no colexio de educación especial San Xerome, onde os rapaces cantarán “A Carolina” acompañados por Luís Caruncho.

Atopar capítulo por: