CRTVG

Buscar

Vivan as tardes!

Programa 128

14/05/2018 18:40 h

Noelia Solleiro é unha das cantantes máis populares da verbena galega. Comezou a actuar dende nena, participou en moitos programas da Galega e é toda unha artista dos pés a cabeza. Compositora, monitora deportiva, azafata de voo e estudante de Maxisterio. Acode ao programa con Esther, a súa nai e mellor amiga.

Rosalía, de 69 anos, non quere perder o tren da tecnoloxía, porque a vida cambia a moita velocidade. Con móbil dende hai uns quince anos, vai a cursos para manexar as aplicacións do teléfono e saber coma manexar Internet nun ordenador. Acode ao programa acompañada de Laura, a súa profesora. As dúas amosan as prestacións que ofrece un móbil para as persoas maiores. 

Chegan os corenta, os cincuenta… e comezan as pequenas dores, o cansazo máis frecuente, os problemas de recuperación. Cando é o momento de comezar a coidarse en serio? Como se fai? Por onde se empeza? O seguinte convidado, Rubén, é experto en coidado postural, ademais de adestrador persoal.

Por último, Víctor Grande defínese a si mesmo como cómico e zurdo. De ser un rapaz moi tímido pasou a converterse nun dos mellores cómicos de Galicia, e todo por casualidade. Dun espectáculo da facultade pasou aos escenarios e agora ademais de cómico é presentador, oficiante de vodas, formador, escritor e guionista. No programa conta as dificultades de ser cómico hoxe en día.

 

Atopar capítulo por: