CRTVG

Buscar

Vivan as tardes!

Programa 127

11/05/2018 16:30 h

Quen pensa que a súa xubilación é o final? Para María Xosé esta etapa é o mellor da vida. Canta desde nena pero nos últimos 14 anos, non hai fin de semana que non vaia ao karaoke. Ten un gran rexistro interpretativo: Paquita la del Barrio, moitos boleros ou os Billos Caracas Boys. E agora é coñecida como “María da Chona, a voz de Miño”. Vén acompañada do seu mozo Nicolau. Namoraron hai 14 anos por internet. Encántalles pasar o tempo xuntos viaxando, reformando a casa, indo ao karaoke ou coidando dos seus cans. Só lles queda un soño: Percorrer México. 
O seguinte convidado, Xavier, ten paixón polas vacas desde que era moi pequeno. Os compañeiros e amigos non lle seguían a súa afección, pero el sabía que iso era o que quería facer na vida. Hoxe é xuíz de concursos morfolóxicos de vacas, e dicir de vacas guapas. Tamén é xuíz internacional, que di que é como “un eurovisión de vacas”. 
A familia de Maximino tiña unha autoescola, polo que estivo relacionado co mundo do tráfico desde que era un neno e converteuse na súa gran paixón. Aínda que cursou estudos doutro tipo, formouse para ser mestre, asesor e director de autoescola. Maximino explica no programa as consultas, problemas e dúbidas máis frecuentes entre a xente con respecto ao tráfico, ademais de dar algún truco e consello e falar dos imprescindibles nun coche. 
Outro protagonista é Abraham, músico por devoción. Desde ben pequeño comezou na Banda Municipal de Música de Sarria ata que a trompeta se cruzou na súa vida. Desde esa soubo que quería dedicarse á música de xeito profesional. Tras formarse comezou a centrarse na súa paixón: recuperar instrumentos antigos esquecidos. E é o único home en España que se dedica a isto. No programa fala da dificultade dese proceso de recuperación de instrumentos e vén con María, a súa muller, quen tamén o axuda moito no taller.

Atopar capítulo por: