CRTVG

Buscar

Meus

Pilar Castiñeira e Carlos Fernández

21/03/2017

“Meus” ten como protagonistas a Pilar Castiñeira, presidenta da asociación Anhida, de nenos con hiperactividade e/ou Déficit de Atención, e Carlos Fernández, un mozo músico de Ribadavia.

En Culleredo encontramos a Pilar Castiñeira, unha muller que axuda a que os nenos con déficit de atención e hiperactividade poidan desenvolver unha vida normal coma a de calquera outro rapaz. A filla de Pilar ten este mesmo trastorno, polo que a súa dedicación comezou cando se decatou da incomprensión de moitos dos que a rodeaban. A Asociaciación Anhida presta servizos a unhas 300 familias con nenos hiperactivos, coa axuda de psicólogos e educadores.

Carlos Fernández é un rapaz de 18 anos que toca a tuba na Banda A Lira de Ribavia, unha das máis antigasd e Galicia e da que tamén forma parte a súa familia. Carlos busca dar a coñecer A Lira en todo o mundo. O programa conversa cos seus irmáns, Álvaro e Miguel, co seu curmán e coa directiva e os músicos da banda. 

Todo o programa vai encamiñado a conseguir o retrato destas dúas persoas coas súas respectivas familias. Cada fotógrafo preséntalle a súa proposta creativa e podemos ver os preparativos da imaxe.

Atopar capítulo por: