Cos pés na terra
Pamela Pardiñas, Jesús Boán e Candy e Jesús
03/07/2018 23:15 h
A quen lle guste ter a pel ben coidada vénlle ao pelo, porque o programa “Cos Pés Na Terra” sae en busca das mellores herbas aromáticas da man de Pamela, especialista na preparación de cosméticos ecolóxicos.
Grazas a Jesús, coñecemos algo máis do mundo da cinexética. Despois de darlle moito á cabeza, conseguiu facer da súa afección un modo de vida. E, por último, temos que agarrar ben as rendas, porque con Candy e Jesús falar de “paseos” é quedar moi curto. Con eles o programa descobre que a hípica pode ser moito máis ca unha escola de xinetes e amazonas.