CRTVG

Buscar

Padre Casares

Capítulo 119: Na virtude está a riqueza

24/10/2011 22:43 h

Na virtude está a riqueza

O amor secreto de dona Virtudes.
Louredo bota a vista corenta anos atrás.
A relación entre Rodrigo e o seu pai parece mellorar, pero outra persoa chegará á vida do novo sacerdote para, se cabe, complicarlla un pouco máis.
Trátase de dona Virtudes, tía de Moncha e santa de escasa devoción por parte de Delmiro. A muller aparecerá soa e desorientada na praza de Louredo e o sacerdote, conmovido pola súa situación, moverá Roma con Santiago no seu afán por axudala.
E é que din que dona Virtudes perdeu a cabeza, pero o que lle sucede é que a súa memoria, traizoada polo alzhéimer, devolveuna á súa mocidade e a revivir con renovada ilusión un amor imposible. Coméntase polo pobo que a muller tivo moitos pretendentes e ninguén sabe por que ao final quedou para vestir santos.
Toda a vila involucrarase no plan de Rodrigo para facer feliz a dona Virtudes e Louredo volverá, pola maxia da televisión, corenta anos atrás. A sorpresa chegará cando todos descubran quen foi o gran amor de Virtudes e por que aínda soña con fuxir con el a Portugal.
Delmiro tamén colaborará na recreación, pero non tanto por axudar á anciá... A súa intención é aproveitar a conxuntura para coñecer certos aspectos da vida do seu pai, que nunca lle foron aclarados.

Atopar capítulo por: