CRTVG

Buscar

Estache bo!

Osobuco de pavo con cervexa loura

06/05/2021 19:50 h

Ingredientes:

PARA O ESTUFADO CON CERVEXA: 5 anacos de osobuco 1 cebola 3 dentes de allo 2 tomates secos 1 cunca de cervexa loura 300 gr de cogomelos variados 6 orellóns ou ameixas secas Tomiño Sal e pementa 1 cullerada de azucre Fariña AOVE Caldo de polo PARA A GUARNICIÓN DE VERDURAS: 1 pataca 1 cenoria 1 cunca de chícharos 2 dentes de allo Chiles 1 culleradiña de ourego Perexil Sal e pementa

Elaboración:

Para estufar un osobuco de pavo, precisamos salpementar, enfariñar a carne e marcala nunha tarteira cun fondo de aceite de oliva. No mesmo aceite rustrimos as verduras, vol- vemos a incorporar o pavo. Engadimos o azucre, as herbas aromáticas, a cervexa, o caldo e deixamos cociñar a lume medio uns 45 minutos aproximadamente. Retiramos o pavo e pasamos as verduras polo pasador de puré. Volvemos novamente á tarteira e cocemos o pavo, as ameixas, os orellóns e os cogomelos previamente marca- dos. Cocemos15 minutos máis. Cocemos as verduras. Cando as teñamos cocidas, aromatizamos na tixola con aceite, allo, perexil e ourego. Empratamos co pavo e listo para comer...!!!

Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en Pontevedra a Emlio, membro da empresa Lago Aves, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o osobuco de pavo.

Atopar capítulo por: