CRTVG

Buscar

O clan das mariñeiras

O soño de Laura e Marisol, percebeiras nas rochas máis batidas

07/11/2021 12:00 h

A Costa da Morte é unha xeografía singular, dominada por un mar que determina a vidas dos homes e mulleres. É un territorio onde impera un certo matriarcado, porque as mulleres son dun carácter co que fan valer a súa presencia importante na sociedade propia desta costa.

Elas gañan cada día o seu lugar con esforzo e sen retroceder. Laura Cures e Marisol Bouzas son representativas das mulleres deste mar é son percebeiras, e con elas imos ir ás pedras do mar e ao centro dos seus corazóns. Elas van para o mar, para as rochas percebeiras, a construír o futuro das súas familias.

O mar aquí ten un talante tráxico, pero que elas utilizan para xerar o seu poder, porque son mulleres que se enfrontan a vida con poder, e queren sentirse libres. Laura é a pedra imprescindible da súa familia, e Marisol é perceberia por unha decisión inapelable a pesar de que había quen non a quería nas rochas

Atopar capítulo por: