CRTVG

Buscar

O clan das mariñeiras

O soño de Elena Longueira, peixeira entre dous mares míticos

14/11/2021 12:00 h

Un dos oficios mariñeiros exercidos maioritariamente por mulleres é o de peixeira, e case sempre está enmarcado nunha tradición familiar. Pero non sempre é así, e a paixón peixeira pode producirse igual.

Elena Longueira é peixeira cunha forte paixón polo seu oficio, pero ela non tiña antecedentes familiares e nunca imaxinara que ía ser peixeira. Sen esperalo a vida levouna por este camiño e agora séntese afortunada de que así fóra.

A diario vai moi cedo ao Muro, a lonxa da Coruña, e logo ven a súa peixería a preparar o peixe para ofrecer aos clientes. Como ela nos contará nunca na vida limpara un peixe ata que o seu home Chicho Papín lle propuxo facerse peixeira.

O que si foi sempre Elena foi muller atrevida e valente ante calquera reto, e aceptou probar no oficio de peixeira, e descubriu un lugar para ela, levaba tempo buscando o seu lugar e de súpeto atopouno limpando peixe.

Atopar capítulo por: