CRTVG

Buscar

Os vixilantes do Camiño

Capítulo 7: O retorno do capitán Nemo. 1ª parte

07/03/2019 15:06 h

Un grupo de mariñeiros atopa un estrano peixe cun anaco de madeira no seu ventre que semella o mapa dun tesouro. De súpeto, os mariñeiros ven aparecer un dragón nas profundidades mariñas e unha ameixa que sae da auga para colle-lo mapa e volver mergullarse. Este suceso ten asustados a tódolos mariñeiros da Costa de Fisterra, o punto máis oeste de Europa. O Xabarín informa deste feito nos telexornais da televisión, mentres os vixilantes escoitan desde o Camiño. Pero o inventor Leonardo quere buscarlle unha explicación científica ó feito narrado polos mariñeiros, mentres que Merlín consulta no seu libro de lendas algo sobre o afundimento do golden Arrow, un navío cheo de fantásticos tesouros, na ruta que facían os nobles ingleses cando peregrinaban por mar a Compostela. Mentres na Unesco hai unha conferencia sobre o valor cultural do tesouro do Golden Arrow, Dabondo contrata a Mr. Drake, un pirata yupi cun sofisticado equipo para controla-las bestas mariñas, co fin de facerse co tesouro. Merlín pola súa parte cóntalle ós vixilantes que o monstro das profundidades está esperto e que só tocando unha cuncha mariña volverá durmir para sempre... Leonardo contacta vía Internet cunha conferencia de inventores en Francia, onde atopa a un home que dí se-lo capitán Nemo, e que se vai reunir cos vixilantes nas costas de Fisterra descubrindo ó submarino de Nemo...

Atopar capítulo por: