CRTVG

Buscar

Pescadores de historias

O renacer dun vello estaleiro (Bueu)

22/04/2018 15:45 h

O barco é o obxecto central da cultura mariñeira. E ten detrás moito traballo, como o que se desenvolve nos estaleiros e carpinterías de ribeira. O programa visita en Bueu o estaleiro da Banda do Río, hoxe pechado, onde se construían barcos desde a década de 1920 ata 2003. Foi recoñecido como Ben de Interese Cultural e vai ser reconstruído para que unha parte da historia do mar de Galicia volva ser presente.

O equipo de “Pescadores de Historias” sae navegar no Playa de Covelo, o último barco feito no estaleiro de Bueu. O seu armador e patrón e José Manuel Agulla e nel sae pescar todos os días.
A asociación Os Galos, que se centra na cultura mariñeira e, en especial, nas embarcacións tradicionais, é un colectivo que traballou con esforzo para que o coñecido como o estaleiro de Purro non se perdera para sempre. O presidente dos Galos, Víctor Rodríguez, amosa a súa enorme satisfacción pola rehabilitación do estaleiro.

Ademais, a concelleira de Bueu Silvia Carballo explica por que é tan importante para o concello e para os veciños e veciñas de Bueu siga en pé e Covadonga López de Prado, directora do Museo Massó, onde se integrará o estaleiro unha vez reconstruído, fala do que significou para o desenvolvemento da vila. X.H. Rivadulla Corcón tamén conversa co patrón maior José Manuel Rosas.

O programa coñece o último carpinteiro de ribeira que traballou neste espazo, Manolo Purro, que traballou durante toda a súa vida no estaleiro da Banda do Río. O percorrido remata na taberna O Pescador, onde Mari Carme Ferradás, unha verdadeira coñecedora do xeito de ser dos homes e mulleres do mar, prepara un linguado ao forno. 

Atopar capítulo por: