CRTVG

Buscar

A vide de Cachín

O control do mosto

22/03/2016 22:00 h

Despois da vendima, Cachín ten que controlar a temperatura e a evolución do mosto na adega co sulfitado, os lévedos e as diferentes correccións que se fan. 
Pola súa parte, Xoán Cannas vailles ensinar aos telespectadores os tipos de botellas que existen no mundo do viño. Despois fará a súa particular cata a cegas, en que contará coa participación coa presentadora do “Telexornal Mediodía”, Marga Pazos.
Ademais, mentres Vitiño vai visitar a Adega da Coroa en Valdeorras, Xoán Caracois preparará unha cazola mariñeira con peixe sapo, polbo e vieiras.

Atopar capítulo por: