CRTVG

Buscar

O detective Conan

O caso dos tres kas en Osaka 2ª parte

04/05/2021 21:30 h

Shinichi Kudo é un estudiante de 17 anos, que sente paixón polo traballo de detective ó que se dedica "extraoficialmente" co apoio da policía, ata que un día un dos casos complicouse e uns misteriosos "Homes de Negro", obrigárono a inxerir un veleno. Dano por morto, pero en realidade o veleno provocou que seu corpo rexuvenecera á idade de 6 anos. Co seudónimo de Conan Edogawa, Shinichi ocúltase dos seus agresores e non renuncia a súa actividade detectivesca, inxeniándoseas como pode para resolver os casos de Kogoro, o inútil detective e pai da súa noiva en ciernes, Ran. Tan só o profesor Agase, que lle facilita toda clase de artefactos para súas investigacións, e algúns amigos, -entre os que non se atopa Ran xa que Conan non quere poñela en perigo-, coñecen seu secreto. No trasfondo das historias, está a búsqueda dos "Homes de Negro" para recuperar a súa verdadeira forma; o romance frustrado entre Ran e Shinichi/Conan, quen pasa verdadeiros apuros para ocultarlle á rapaza a súa verdadeira identidade; e as situacións cómicas derivadas do "estado" do protagonista. Shinichi, fillo de escritor de novelas detectivescas, empéñase en converterse no Sherlock Holmes dos nosos días, por iso adopta o nome de Conan, por Conan Doyle o creador do lendario e perspicaz detective.

Atopar capítulo por: