CRTVG

Buscar

Os Atlánticos

Capítulo 24: Medos

12/01/2009 22:00 h

Os Atlánticos reciben o encargo de tocar nun lugar misterioso. Braulio, un home que produce certo desacougo nalgúns membros da orquestra, contrátaos para que lle toquen unha canción á súa esposa. Ó mesmo tempo, Raquel faille unha petición a Brais un tanto peculiar. Este deduce que a moza quere ter relacións con el, pero vai levar unha gran sorpresa, quéreo tan só como pai biolóxico e non precisamente para ela.

Xurxo trata de indagar con gran preocupación porque Marta apareceu cunha magalladura nun ollo. E sospeita de que mantén unha relación secreta cun maltratador. Por outra banda, Carme sente celos porque o seu pai só ten ollos e tempo para Silvia.

Atopar capítulo por: