Cos pés na terra
Manolo e as vacas Blonde de Aquitania / Lidia e a cerámica de Buño / Primitivo, viticultor
20/03/2013
Coñecemos as vacas Blonde de Aquitania. Na compaña de Manolo, visitamos os prados da aldea de Caxigueira, auténtica reserva de alimento destes animais, tomamos contacto co touro da manda, e asistimos a unha auténtica exhibición a cabalo.
Descubrimos o que pode dar de si a cerámica de Buño cunha visita ao obradoiro de Lidia, que amosa o que é capaz de facer coas mans na masa, ao mesmo tempo que mostra os novos quefaceres que afronta desde que decidiu vivir “cos pés na terra”.
Ademais, temos oportunidade de ver o que deixa o río Miño ao seu paso pola Ribeira Sacra: nada máis e nada menos que viñas a esgalla, como as de Primitivo, un viticultor que ensina as técnicas de hoxe e os segredos de onte nun traballo que sempre esixe o máximo.