CRTVG

Buscar

Método criminal

Capítulo 20: Morrer ou non morrer

20/06/2021 23:45 h

Tralos últimos acontecementos nos que Telmo pediu a Cecilia que se ocupase de Luís, e a Damián de provocar un lume para destruír a produtora, Cecilia, Damián, Adrián e Susana decidiron traballar xuntos e preparar un plan para enganar a Telmo e conseguir máis tempo. A súa intención é finxir a morte de Luís e utilizar os efectos especiais para provocar o incendio da produtora. Con iso, Telmo podería tragar co conto e esquecer a Luís na súa loita por controlar o clan. Aínda que Luís non cre que o plan sexa boa idea, non lle queda máis remedio que aceptar a proposta dos seus amigos e prepararse para interpretar o papel da súa vida. Aproveitando a situación de debilidade do clan dos Canosa e como represalia pola trampa que lle preparou Telmo coa axuda de Natalia, Paulo está decidido a poñer en marcha o ataque definitivo contra con Telmo, Damián e Tuco. Se acaba con eles, estaría en condicións de controlar todo o negocio. Moi lonxe do tanatorio e da produtora, na casa rural, Sofía e Fernando conseguiron escapar dos homes de Telmo grazas á chegada de Natalia. Sen embargo Sofía non sabe que a responsable, en parte, de estar nesa situación é Natalia, a mesma persoa que a rescatou. Pero se foi capaz de enganar a Damián, a Sofía e a Paulo, ata onde está disposta a chegar e cal é a súa verdadeira intención?

Atopar capítulo por: