CRTVG

Buscar

Método criminal

Capítulo 17: Páxina en branco

23/05/2021 22:30 h

Despois de meses en estado vexetativo, o gran Telmo Canosa esperta do seu coma. A noticia cae coma unha lousa sobre Damián, Sofía e Tuco. Os tres temen que a ira de Telmo caia sobre eles pola forma que tiveron de xestionar os negocios do clan durante os últimos tempos. Sen embargo todo apunta a que Telmo perdeu a memoria e non recorda nada sobre o seu pasado. Será unha estrataxema de Telmo para enganar ao fillo? Aproveitando a situación, Paulo, o líder da banda rival dos Canosa, obriga a Natalia a convencer a Damián para que acepte o seu ofrecemento para tratar a Telmo e analizar a súas opcións de recuperación. O que Damián non sospeita é que todo forma dun plan para atacar ao clan. 

Atopar capítulo por: