CRTVG

Buscar

Método criminal

Capítulo 10: Yupikayey

04/04/2021 22:45 h

Despois do que pasou coa morte de Rosario, a implicación de Tuco e a súa relación con Sara, Luís decidiu contarlle a Damián a verdade sobre Sara, a súa relación con ela e as súas motivacións para ensinalo a ser como Carmelo Matalobos. Pero Damián, defraudado pola traizón de Luís, sofre un ataque de ira. Ao mesmo tempo e despois de que Ricardo lle contase que Luís colabora con Damián, Tuco entra na casa do actor para vingarse, pero para a súa sorpresa a quen atopa é a Gaila, polo que non lle queda outra que cambiar de plans. É nese momento cando Luís recibe un vídeo: Gaila está secuestrada e se quere recuperala con vida ten que entregar a Damián. Sen dubidar un segundo, Luís intenta buscar axuda en Sara e en Damián para salvar a súa filla. 

Atopar capítulo por: