CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 59: Semana Santa

23/04/2006 22:00 h

En Santalla fanse os preparativos para a Semana Santa. Os ramos serán motivo de envexa entre os veciños, Elvira busca o adecuado á súa categoría.

Este ano, don Venancio decide facer escenificacións e formar un coro, encomendándolle a Marisiña, que ten boa voz que o dirixa. Esto provocará un enfrontamento entre a xove máis dona Elvira, que considera ter mellor voz.

Tamén o reparto de papeis vai traer problemas, Elvira quere que Senén faga do Mesías e ela da Dolorosa. Sen embargo, don Román está encantado de facer de Andrés, irmán de Simón que representará Freire.

Os ensaios do coro transcorren con normalidade, excepto cando Elvira da a nota, pois canta dun xeito atroz, o peor é que non o recoñece e tenta boicotealo labor de Marisiña.

A representación do lavatorio vese ensombrecida polas gargalladas de Román, que non pode resistilas cóxegas que lle produce Elvira lavándolle os pés.

Senén chega a un acordo con Elías, para que éste faga de Mesías na procesión. Chegado o momento, Marisiña queda afónica e ten que facer da Dolorosa ó carón de Elías, que ciñe unha coroa de espiñas, arrastra unha cruz de grandes dimensións, mentres Cosme lle propina uns bós lategazos.

Atopar capítulo por: