CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 196: O inquilino

22/11/2009 22:00 h

Aínda hai certos aspectos legais que impiden á xente da compañía facerse coas terras dos rebeldes. Laura está facendo todo o posible para deter as obras dun xeito civilizado. Esta perseveranza da mestra fará que algúns perdan a paciencia e cheguen a ameazala na súa propia casa.

O almacén de Freire e Manuel fai augas. Xa non é un negocio rendible, pois ninguén traballa xa unhas terras que pronto poden acabar mergulladas. Tomás proponlles unha solución ben remunerada pero a favor da compañía.

Cosme e Carmiña son conscientes de que a situación en casa é cada día máis complicada. Saben que teñen que facer algo e gañar algo de diñeiro para axudar. Aproveitarán a afluencia de obreiros da compañía para arrendar un cuarto sen que ninguén da familia se decate. Para iso terán que despregar todo o seu enxeño e elaborar un plan moi detallado para aloxar ao inquilino.

O problema, porque con estes dous sempre hai un problema, vai ser precisamente o inquilino.

Atopar capítulo por: