CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 165: Bandoleiros

01/02/2009 22:00 h

Como Robin Hood nos bosques de Sherwood, Elías e Carmiña xogan a converterse en defensores dos pobres e oprimidos nos montes de Santalla e, para que teñan que comer, roubaranlle aos ricos. Porén estas trasnadas non durarán moito, pois pronto toparán coa igrexa. Tamén polo bosque de Santalla, a Garda Civil segue buscando ao maqui que tantas preocupacións está a dar a Don Venancio. Ademais, a este desacougo do alcalde únese a chegada do seu irmán Eusebio, quen decide vestirse de sacerdote para despistar aos veciños do pobo coa súa presenza.

Esta situación, que creará unha confusión entre Elvira e a Garda Civil, xunto á liberdade do prófugo farán que a saúde de Don Venancio se resinta. Doutro lado, o ultramarinos presenta un aspecto desolador, sen estantes, sen mercadoría... O certo é que a marcha de Manuel á Coruña está a ter consecuencias para todos. Os amoríos tamén teñen continuidade. Laura non pode deixar de pensar nas relacións amorosas de Tomás e, esta confusión, fará que a mestra varíe a súa actitude co fillo dos Freire.

Atopar capítulo por: