CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 124: Auga pasada non move muíños

27/01/2008 22:00 h

Os Freire enfróntanse impotentes ante as evasivas de Cosme, que non acaba de revelarlles o segredo que conseguirá que un avogado tan bó, se comprometa a defendelos. Cosme non se decide a dar o paso final, e contar toda a verdade, pois teme que o pasado se volva contra él.

A relación entre Marcos e María, complícase cada vez máis. Faise máis fráxil, debido ás disputas entre as súas familias. María discute unha e outra vez con Marcos, e éste acaba saíndo na defensa do seu pai.

A propósito dunhas feridas que Pablo se fixera nas pernas, Carmiña aproveita para facerlle uns pantalóns longos, símbolo do tránsito da infancia á madurez. A Sara non lle parece moi ben, pois ten certo receo de que o seu neno, se converta nun home. Carmiña non desiste e faille uns pantalóns longos, que causarán furor.

Tomás revela a Laura, que están buscando un avogado para ir contra Román. Manuel prántalle cara a Román na súa propia casa e Marcos interveñe en defensa do seu pai. O alcalde  arremete contra María.

Atopar capítulo por: