CRTVG

Buscar

Libro de familia

Capítulo 293: Taberneiras ben levadas

11/11/2012 22:30 h

Neste capítulo da serie “Libro de Familia”, Manuel séguelle dando voltas á idea de deixar a granxa, polo que Freire intenta falar con el para reconducir a situación, pero, en cambio, Tomás é moito máis duro e pensa que é o mellor para a sociedade. Sara a Deli tamén están preocupadas pola situación dos seus homes e intentan mediar.

    Por outro lado, o baixo nivel amosado polos alumnos tras os exames de Lupe van facer que Laura estea máis enfadada con Óscar. Lupe non lle conta a este toda a verdade sobre os resultados, pero el dáse por aludido. Preocupado, vai pedir a alta, pero atoparase cunha sorpresa: Laura quere tomar medidas e pon a Lupe entre a espada e a parede.

    Mentres, Álvaro segue en problemas. Laura deixa de buscalo tras a chamada porque pensa que marchou voluntariamente. Trata de escapar do zulo, pero é descuberto por Balseiro que, con todo, déixao saír para cumprir un encargo. En problemas tamén está Daniel, que non ve a forma de saír do enredo da granxa. A todos as dores de cabeza que ten sumáselle o veterinario, que, farto de agardar polos seus cartos, ameaza con descubrir todo o negocio.

    A amizade de Elvira é Carmiña é toda unha novidade na vila e xuntas rexentan o bar durante uns días pola ausencia de Milucho. Cosme e Sara non saen do seu asombro e tampouco don Venancio e Pepe, que se senten desatendidos polas mulleres e propóñense conseguir que Carmiña e Elvira se volvan poñer a mal.

Atopar capítulo por: