CRTVG

Buscar

Larpeiros Social Club

Receitas de sempre para días de peche

31/03/2020 22:30 h

Hoxe, no Larpeiros Social Club non é un día coma outro calquera. Igual que para todos, estas son xornadas de peche, de estar na casa, e que se parecen pouco ao que é habitual nas nosas vidas. O local dos Larpeiros, que adoita estar cheo de xente, alberga esta temporadiña de confinamento unicamente a Adrián e a Manolo. Pero iso non significa que estea baleiro. Porque a través da rede, o teléfono e a tecnoloxía, veremos como están en permanente contacto con tódolos seus amigos e asociados. E como aproveitan estes días para aprender e compilar receitas, trucos e consellos de cociña. Entre outras cousas, para sobrevivir e non morrer de fame.

Así é que neste programa non faltarán Larpeiros e Larpeiras de toda Galicia, que achegarán cociña e recomendacións, e que nos contarán como atravesan esta situación tan difícil para todos. Tamén saberemos daqueles que, co mellor dos ánimos, seguen a traballar no agro, no mar, nos mercados ou onde toca, para que as nosas despensas sigan estando cheas e poidamos gozar da cociña e do pracer de comer como bos Larpeiros que somos. Porque os bos xantares, o humor e a música, tamén axudan -e moito- a encarar con folgos a corentena. Hoxe as portas do club non se abren, pero dun xeito ou outro, nel entramos todos. Benvidos ao Larpeiros Social Club!

Atopar capítulo por: