CRTVG

Buscar

Larpeiros

Larpeiros. Cap. 95: Marchando unhas navallas!

12/10/2011 21:45 h

Os Larpeiros da Galega poñerán en marcha esta noite unha nova velada de cociña, conversa e humor, para prepararnos un prato de navallas con verdinas, tamén coñecidas como “fabas de marisco’. Pero, antes de chegar a tan rica receita, o xornalista intrépido Tomás Alonso desprazarase ata o concello de Moaña, concretamente ao areal da Xunqueira, para quedar con Alicia, unha mariscadora de primeira que lle amosará todo o relacionado coa recollida das navallas de calidade que saen desa zona.
Unha vez rematada a dura xornada de mariscador, Tomás Alonso colle rumbo ao mercado de Moaña para comprar todos os ingredientes que precisa o mestre Benigno, como unhas navallas de calidade da ría e diferentes legumes para a receita.  Con todos no pazo, comeza o laborioso proceso da receita de hoxe, non sen antes probar unha lambetada dos larpeiros: unha rica crema de pexegos.

Atopar capítulo por: