CRTVG

Buscar

Land Rober Tunai Show

Land Róber: mentira cochina

04/01/2018 22:15 h

Neste programa especial, Roberto Vilar propón un xogo: adiviñar cales das historias que van contar caras moi coñecidas da TVG son verdade e cales son puro invento.  
María Mera, Xosé R. Gayoso, Luís Iglesia e Adrián Díaz teñen moito sentido do humor e demóstrano intentando gastarlles bromas aos espectadores.
María Mera, actriz e presentadora do “Luar”, fala das súas fobias, de accidentes que lle teñen acontecido traballando e de cuestións familiares. Algunhas desas historias son verdade, outras mentira. Tamén Xosé Ramón Gayoso; Luís Iglesia, actor de “Pazo de Familia”, e o “Larpeiro” Adrián, contan historias sobre os seus irmáns xemelgos, sobre os seus problemas cos avións e sobre encontros con actores de Hollywood nun xogo de equívocos, onde non se sabe ata onde chega a verdade ou a invención. Por suposto, ao final, acaban revelándonos que historia é certa e que historia é inventada.
Todo isto vai acompañado dos sketchs máis divertidos de “Land Róber Tunai Show”, programa en que estas caras coñecidas tiveron participacións divertidas.

Atopar capítulo por: