Grandes cafés
Sabarís, A Coruña e Vigo
No día de hoxe, viaxaremos a tres novas localidades: Sabarís, A Coruña e Vigo. Achegarémonos ata o café do Casino de Sabarís, na provincia de Pontevedra, onde conversaremos con Marcial Fariñas, presidente da entidade; con Luís Lameiro, responsable do café, e con Inés Prol, clienta. Thais Suki canta o tema 'San Juan'.
Na Coruña, na cafetería Manhattan, falaremos con Antonio Taibo, xerente; Antonio Rodríguez, cliente, e con Emilio Pérez, profesor e cliente. O grupo Black interpreta o tema 'Make you feel my love'.
No Café Uf, de Vigo, interveñen dous dos cooperativistas do establecemento: Diego Mouriño e María Ríos. Tamén conversaremos con Siyra Mohamed, clienta e pintora. A música correrá a cargo de Ana Belén Rodríguez, que interpreta ao piano 'Lágrimas negras'.