CRTVG

Buscar

Grandes cafés

Ourense, Vigo e Santiago de Compostela

19/01/2023 00:10 h

No programa de hoxe estaremos en Ourense, Vigo e Santiago de Compostela.

Na cidade de Ourense visitamos La Zapatería e conversaremos con Paz Quintela, clienta do local, con Beatriz Alcalá, copropietaria do café e con Xavier Torres, cliente. O grupo Barbaña Blues pon o peche co tema “Champagne and Reefer”.

En Vigo, no café Soportales, acompañarannos o xerente do local, José Argibay, o xornalista Fernando Franco e o dono do establecemento, Luís Carlos de Vicente. A música corre por conta de Adrián Torres, que interpreta a canción “Elarte en La calle”.

En Santiago, no café do Casino, Fernando Franjo falará da historia deste local, o presidente do Casino, Ubaldo Rueda, cóntanos os próximos proxectos e unha clienta, Pilar Fernández, recordará as súas vivencias nestas instalacións. A cantautora Sheila Patricia, interpreta o tema “Mariscadoras”.

Atopar capítulo por: