CRTVG

Buscar

Ribeiras de salitre

Fisterra, onde comeza o mar

08/12/2019 15:45 h

Onde nace o mar Fisterra a súa confraría conta con 170 asociados, que traballan artes menores e mergullo, sen o polbo, a pescada o longueirón e o ourizo as especies de maior volume de venda na lonxa. Ao mergullo traballa Luís López, que colle ourizo, longueirón, navalla e orella de mar. Tinito Traba é un dos sabios do mar e hoxe vai cociñarnos unha robaliza que el pescou. Laura canta aos homes e mulleres do mar de Fisterra e imos falar con ela e escoitar a súa música. Manolete Martinez é o patrón maior, un dos veteranos patróns maiores de Galicia. O poeta, mariñeiro e guía do Museo da Pesca, Alexandre Nerium vai facernos sentir o orgullo de nacer en Fisterra. E a este mar bravo imos saír con mariñeiro Alberto Moure.

Atopar capítulo por: