CRTVG

Buscar

O fío do retrato

Cap. 11. Xosé Santiso

25/09/2011 11:15 h

Tirando do fío desa fotografía que nos achega o perfil de cada persoa, porque afonda nas súas esencias, o documental de hoxe mergulla na vida de Xosé Santiso, un ebanista de Teo, músico, poeta e dono do “fogar de Santiso”. Porque hai homes que sentan a escoitar o mundo e que nese escoitar pasan a vida marabillados pola explosión de signos que nos envolven, descubrimos que isto é o que lle pasa ao personaxe que hoxe nos achega o fotógrafo Anxo Cabada, a través da súa conversa.

O programa das historias íntimas, que nos introduce cada domingo Nieves Rodríguez, presenta hoxe a historia de “Santiso, o trobador de Trasellas”, porque é desa xente que non pode deixar de percibir, pase o que pase, que se entrega por completo a unha guitarra ou a un piano intuíndo o significado da existencia

Atopar capítulo por: