CRTVG

Buscar

Especial

Festas de María Pita 2015

07/08/2015 22:00 h

Lucía Rodríguez presenta este especial desde a cidade da Coruña, que celebra as Festas de María Pita.

Despois de repasar a axenda dos primeiros días, cun concerto inaugural a cargo de Ana Belén e Víctor Manuel, a presentadora dá paso a diferentes conexións en directo com Paula Señarís e Bernardo Braña, que percorren diferentes rúas da cidade. Os Cantóns e os xardíns de Méndez Núñez, que acollen a Feira de Artesanía, é o primeiro escenario no que se tome o pulso ás festas. As cámaras da TVG pasan tamén polas zonas de viños da cidade con paradas no barrio de Elviña, Montealto e no Centro e polos establecementos máis populares para saborear unhas tapas ou racións.

Os reporteiros do programa tamén se desprazan as praias, o outro gran reclamo da cidade herculina, para recoller as impresións dos que decidan pasar as festas cos pés na area.

A música é o outro ingrediente das festas, cun cartel que mestura estilos ben diferentes, como demostran o Festival Internacional do Folclore e o Noroeste Pop Rock, que tamén terán o seu oco neste especial da canle autonómica dende a praza de María Pita.

A heroína que defendeu a cidade das tropas inglesas protagoniza un dos espazos do programa, que tamén repasa as biografías e logros doutros personaxes con nome propio na historia da Coruña como Manuel María Puga y Parga, o escritor e gastronómo coñecido como Picadillo, que foi alcalde da cidade a comezos do século XX, ou Eusebio da Guarda, empresario e filántropo que promoveu a construcción do mercado da Praza de Lugo.

 

Para a despedida, o especial Festas María Pita reserva unhas espectaculares imaxes da cidade tomadas dende o aire. 

Atopar capítulo por: