CRTVG

Buscar

Especial

Eu quero Carme

21/07/2021 22:30 h

"Eu quero Carme", un programa especial dedicado a unha das celebracións máis emotivas."Eu quero Carme" propón unha intensa viaxe cargada de festa, alegría, música e unha chea de paixón pola patroa dos mariñeiros. As reporteiras do programa, Adela Bértolo, Laura Vaqueiro, María Rial e Belén Vara, serán as encargadas de facer este inesquecible percorrido.

Para comezar estarán nas festas do Carme da vila de Camariñas. Alí poderán gozar da tradicional Danza de Arcos e dunha procesión por terra e por mar da Virxe do Carme. A continuación visitarán Rianxo, onde os mariñeiros sacan por fin a súa Virxe do Carme polas rúas do concello. Alí tamén haberá música tradicional e troula a esgalla. Igual que en Marín, onde un dos puntos fortes das súas famosas festas do Carme é o concerto da orquestra "París de Noia". As cámaras e reporteiras do programa deste mércores á noite tamén estarán en Foz para participar na elaboración das alfombras de flores do Carme, e compartir cos focegos a súa paixón pola Virxe. En "Eu quero Carme" iremos de sardiñada na parroquia de Cangas, tamén no concello de Foz.

 

Atopar capítulo por: