CRTVG

Buscar

Estache bo!

Poldro con patacas en adobo

16/11/2021 19:50 h

INGREDIENTES: • 1 encontro de poldro • Sal de Maldon • 3 patacas • 1/2 ducia de tomates cereixa • 1/2 ducia de espárragos verdes Para o adobo: • 3 dentes de allo • 1 culleriña de ourego • 1 culleriña de comiño • 1 culleriña de perexil fresco picado • 1 culler de vinagre • Sal gorda • 1/2 cunca de auga • Pementa ELABORACIÓN: Moi contento coa receita de poldro de hoxe. Fritimos as patacas en anacos grandes con tres dentes de allo. Cando estean as patacas case listas retirámolas e reservámolas. Nun machucador facemos o aliño co allo, o ourego, o comiño, o perexil, o vinagre, o sal e a auga. Aliñamos as patacas con este mollo. Nunha prancha moi quente marcamos o poldro por tódalas súas caras. Salgamos. Empratamos as patacas co poldro xunto cunhas verduras marcadas na prancha. E listo para comer!

 

Actuación financiada con fondos FEADER.

Atopar capítulo por: