CRTVG

Buscar

Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 2016

24/07/2016 14:00 h

As Medallas de Galicia” son as distincións que concede a Xunta a persoas ou institucións polos seus méritos ao servizo da nosa terra. Este ano, as medallas foron para o arquitecto do Carballiño Manuel Gallego Jorreto, o pintor e escultor de Cambados Francisco Leiro Lois, o tradutor e crítico literario de Láncara Basilio Losada Castro e o grupo ourensán de rock Los Suaves. 

Esta cerimonia, que data do 1984, celébrase a véspera do Día de Galicia na Cidade da Cultura. Manuel Gallego Jorreto é premiado pola súa ampla traxectoria e polo coñecemento da súa profesión. Ao artista contemporáneo Leiro Lois recoñéceselle a proxección internacional das súas obras, que son exhibidas tanto en museos coma en rúas. Basilio Losada, pola súa banda, é un referente das letras galegas en Cataluña e o grupo ourensán Los Suaves, que ten compartido cartel cos Ramones ou os Rolling Stone, é unha das bandas máis representativas de rock do panorama nacional. 

 

Atopar capítulo por: