CRTVG

Buscar

Facendo as Américas

Demetrio Bilbatúa (Cidade de México)

05/06/2021 18:30 h

Demetro Bilbatúa, mexicano, si, pero tamén moi galego. Nado en Vigo, sendo aínda un cativo o destino embarcouno no Magallanes que o afastou da súa terra para lle amosar a súa nova patria ao outro lado do Atlántico, onde se formaría como camarógrafo e documentalista. Pero non un calquera, senón un dos pioneiros, cunha traxectoria persoal, humana e profesional de máis de medio século de traballos que constitúen un acervo que o acredita, máis que ningún outro, como fundador do documentalismo hispanoamericano grazas aos millóns de metros de celuloide onde filmou, sobre todo, o amplo patrimonio e historia de México do século XX e principio do XXI.

Atopar capítulo por: