Delincuentes torpes
Delincuentes torpes (18/07/2012)
O detective Varela (Javier Varela) e a súa axudante Maricarme (Alba Lago) afrontan unha nova misión para combater o mundo do crime e así contar unha nova historia de “Delincuentes Torpes”, entre boas doses de humor e ficción de xénero negro, para recrear con parodia algúns dos casos máis trapalleiros do panorama criminal.
Nesta ocasión o Clouseau galego, o detective Varela, acompañado da sempre bela e paciente Maricarme, repasarán na sección “Corredor da fama” a lamentable galería de criminais que son famosos pola súa incrible biografía chea de despropósitos, recuperando a historia de Carmelo Rodero, un delincuente papirofléxico, “Papi” para os amigos. Amais, a recreación simulará a situación duns irmáns cando pretenden acometer o atraco dun banco.
A entrevista tocará facerlla a Manuel Dafonte, xerente do Grupo Xapón, que contará as curiosidades máis inesperadas, mentres que na sección Novas Parvas coñecerase os casos breves de xente con mente tamén “breve”, mellor dito “curta”.