CRTVG

Buscar

Luar

David Bustamante, Nando Agüeros e Lys Pardo

14/10/2016 22:00 h

David Bustamante vén a Luar para presentar o seu novo disco, “Amor de los dos”. O cantante está acompañado nunha das súas actuacións por outra recoñecida voz cántabra, a de Nando Agüeros, para interpretar xuntos “La santina”. 

Unha das actuacións máis especiais da noite é a de Lys Pardo, filla de Juan Pardo, que canta “Something Stupid” e mais “Anduriña”. Pero o máis sorprendente da súa actuación é a presenza de seu pai. 

O espazo de música tradicional ocúpao a Banda de Gaitas da Deputación de Ourense e a Asociación Folclórica Xilbarbeira. Ademais, tamén actúan Flamenco da Costa, que interpreta “Para bailar tú quieres marcha”; Los Trasnochadores del Eume, e mais Trompos ós pés, que tocan a “Foliada de Pontevedra”.

Na sección “Leña á ferreña”, presentada por Pile Alonso e que enfronta a dous pandeireteiros para decidir cal é o mellor, participan Melissa Lado e Adriana Felpete

En “Recantos”, actúan as representantes de Terras da Coruña e mais á Terra Chá.  Marta López chega dende Lugo para cantar “Eu sobrevivirei”, e dende a provincia da Coruña faino Bea Bernal, que interpreta “Mamma mia”. 

Atopar capítulo por: