CRTVG

Buscar

Cousas da casa

Na Guía, Mos e Ourense

29/06/2021 22:30 h

Vanesa Travieso visita as localidades de A Guía en Vigo, Mos en Pontevedra e Ourense. Alí coñecerá a Jandro, un deseñador galego que despois de moitos anos, volve á casa familiar e, debido á súa profesión, acumula toneladas de roupa e complementos que non é quen nin de tirar, nin de organizar. Merece a pena ver o antes e o despois de que Vanesa Traveso realice o seu traballo.

En Mos, Vanesa coñece a Patricia, unha bailarina profesional que viaxa cada 15 días a Italia para impartir clases de baile deportivo. Patricia ten un gran problema coa súa maleta xa que non é quen de meter toda a roupa que necesita para as dúas semanas que pasa fóra da súa casa. Meter nunha maleta de fin de semana roupa para 15 días, categorizada e ordenada, todo un reto para a nosa organizadora profesional.

E por último, visita Ourense para axudar a Érika e Adrián, un matrimonio ourensán que proximamente se mudarán á súa nova casa e necesitan alixeirar a súa cociña para que a mudanza sexa o máis levadía posible. Acabarán sorprendidos da cantidade de cousas que teñen na súa cociña, aprendendo a descartar as cousas que non usan e quedar co verdadeiramente necesario. Un programa cheo de sorpresas, emocións e diversión.

Atopar capítulo por: