Cos pés na terra
Juanjo, Manuel e Regina
07/03/2022 23:00 h
Hoxe, en “Cos Pés Na Terra”, imos coñecer a Juanjo, un rapaz que transformou o seu ordenador e a cámara do seu móbil en apeiros de horta que utiliza pra espallar coñecemento polo mundo enteiro. Os máis larpeiros están de sorte porque hoxe este mel fará realidade os seus soños. Falamos do mel que produce Manuel, apicultor experimentado co que imos entrar ata o máis profundo dunha colmea. E temos unha cita con Regina, que nos vai amosa-la súa aula da natureza na que non faltan os animais, os cheiros, as cores, os sabores, nin tampouco as sorpresas.