CRTVG

Buscar

Pequenos fenómenos

Con Lucía Pérez, Davide Salvado e Susana Seivane como membros do xurado

27/12/2014 22:15 h

        O espazo presentado por Xosé Manuel Piñeiro ofrece a actuación doutros oito nenos e nenas que xa se están a preparar a fondo para conseguir o que máis desexan: triunfar como cantantes. Como na anterior ocasión, os/as candidatos/as estarán apoiados en todo momento polos seus familiares, que tamén son protagonistas en “Pequenos Fenómenos”.

        Os oito aspirantes loitan polas catro prazas que quedan na gran final da semana que vén, pero antes de nada terán que convencer os membros do xurado, composto hoxe pola cantante Lucía Pérez, artista convidada do programa, o artista Davide Salvado e a gaiteira Susana Seivane. 

Atopar capítulo por: