CRTVG

Buscar

O clan dos impostores

Con Leticia Sabater como convidada

12/01/2013 22:30 h

O programa recibe a visita de Leticia Sabater, que é a encargada, xunto a Xavier Picallo e Paula Carballeira, de xulgar os retos e actuacións dos concursantes famosos.

 Teté Delgado acode á praia de Samil, onde a esperan un grupo de xubilados que todos os días do ano se bañan no mar, xa que aseguran que non hai mellor menciña contra gripes e catarros. Pero a auga está conxelada e por riba terán que sortear unha forte sarabiada que os sorprende en medio da faena.

Maret ten o seu reto na piscina, co equipo galego de natación sincronizada. Unha adestradora esixente ponlle os puntos sobre os is á “impostora”, que, a pesar de non saber nadar, fai o que pode despois de tragar litros e litros de auga.

 David Amor debe madrugar en domingo para acudir a unha feira e traballar nunha carpa preparando e servindo polbo e churrasco, mentres que María Chenlo fai fronte a outro dos seus medos e intenta converterse nunha auténtica adestradora de cans.

Isi, que sofre de pánico ás alturas, acompaña uns pintores ao alto dun edificio para reparar e pintar a cornixa do tellado.

Atopar capítulo por: