CRTVG

Buscar

Comando G

Programa 8

02/02/2022 23:00 h

Esta semana visitan ´Comando G´ Tania Veiras e Fátima Pego, que cantarán; dous dos seus temas máis coñecidos e uniranse á mesa do Xurado xunto a Xosé Manuel Piñeiro e Xosé Luís Blanco Campaña para valorar as experiencias e actuacións musicais dos cinco famosos.

Paloma Lago converterase nunha auténtica bruxa da man de Fini Lamora. Alberto Comesaña xunto ao estilista ourensán Paco Gallego traballará no seu salón lavando, tinguindo e cortando o pelo ás súas clientas habituais. Patricia Pérez acode esta semana ao mítico Hotel Casablanca en Vigo para incorporarse como camareira de pisos e comprobar de primeira man o duro que é este oficio. Lucía Rodriguez visita Corax Fauna para coidar e alimentar os animais salvaxes que alí habitan. Trisha Fernández vai a unha batea, un oficio que desempeñan moi poucas mulleres.

Atopar capítulo por: