Zigzag diario
Co director e actor teatral, Lino Braxe
O espazo “ZigZag Diario” ofrece unha entrevista co actor e director teatral Lino Braxe, que fala da súa participación no elenco da última obra de Sarabela Teatro, “Viaxe a ningunha parte”; e da montaxe “Rosa de dous aromas”, dirixida por el, con Isabel Blanco e Sabela Hermida como protagonistas e baseada na obra do autor mexicano Emilio Carballido, un drama dominado polo amor, o engano e a loita.
Por outro lado, o programa da segunda canle da Galega presenta a nova montaxe da compañía de teatro xestual Elefante Elegante, “Nuncabunga”, un espectáculo cómico e poético sen palabras dedicado ao público infantil a partir dos tres anos, que conta con María Torres e Gonçalo Guerriro como protagonistas.
Ademais, “ZigZag Diario” da conta de dous premios conseguidos por Quique Peón coa súa obra “Amizade” na XXI edición do Certame de Coreografía de Danza Española e Flameco, que se celebrou a semana pasada en Madrid. O espectáculo galardoado é o último acto de “Alén da croa”, onde se atende a unha particular estilización do folclore galego.