CRTVG

Buscar

Aquí Galicia

Chantada

11/03/2017 16:15 h

"Aquí Galicia” instala o seu escenario na Feira do Viño de Chantada, onde as adegas da Ribeira Sacra presentan os viños da nova colleita. Os reporteiros e reporteiras do programa percorren os expositores da carpa situada na praza de Galicia da vila, ademais de amosarnos as paisaxes vitivinícolas nas que se cultivan as uvas. Coñecemos así a Ruta dos Viñedos de Belesar, na contorna do encoro, e os milenarios bancais das ladeiras do río Miño. As dúas ribeiras do río comunicábanse tradicionalmente grazas a unhas embarcacións singulares de forma rectangular que coa chegada da modernidade e a mellora das comunicacións perderon a súa funcionalidade, e foron desaparecendo polo que apenas se conservan media ducia delas.

O programa tamén visita as escolas deportivas municipais, onde se ofrecen diversas actividades tanto para a mocidade como para xente adulta.

Sobre o escenario pasan a Orquestra Israel, a artista electrolatina Iria Cid, os grupos de música tradicional Searas e O Trespés, as Pandereteiras Suasairas e o agrupación de baile tradicional Os D’eiqui. No apartado gastronómico, están presentes outros dos productos de sona de Chantada, como a empanada, que tamén se enxalza nunha festa gastronómica, a torta de améndoa ou as galletas mariñeiras de Pan sen Miga.

Atopar capítulo por: