CRTVG

Buscar

Medallas de Galicia

Medallas de Galicia 2017

24/07/2017 13:00 h

Retransmisión da entrega das “Medallas de Galicia”, máxima distinción de honra que concede a Xunta de Galicia a persoas ou institucións que polos seus méritos ao servizo ao nosa terra en calquera aspecto da súa realidade social, cultural ou económica, sexan dignas de obter o recoñecemento do pobo galego. A cerimonia, que naceu no 1984, celébrase a véspera do Día de Galicia na Cidade da Cultura.
Este ano, as distincións foron para Miguel Ángel Blanco, o concelleiro do PP, de orixe ourensá, asasinado pola ETA hai 20 anos, por ser considerado un símbolo da liberdade e da democracia. Tamén recollen as medallas a presidenta de Seguros Ocaso, Isabel Castelo, pola súa actividade benéfica; o ex-presidente de Portugal Aníbal Cavaco Silva, por contribuír a estreitar os lazos entre Galicia e Portugal; e o presidente do Consello de Estado, José Manuel Romay Beccaría, por traballar por Galicia desde todas as administracións públicas.

Atopar capítulo por: