Aquí Galicia
Castroverde
“Aquí Galicia” desprázase este sábado a Castroverde para visitar monumentos locais como o castelo, os pazos da Pena e de Cellán de Mosteiro e a cova da Valiña. O programa da Televisión de Galicia emitirá tamén unha reportaxe sobre como o Camiño Primitivo a Santiago de Compostela inflúe na vida da vila, parada desta ruta. En 2015, por exemplo, pasaron por Castroverde case 11.500 peregrinos.
Un dos atractivos da localidade para os camiñantes e súa Igrexa de Santa María de Vilabade, a chamada “catedral de Castroverde”. “Aquí Galicia” tamén amosarán algúns dos albergues da contorna e un treito da ruta que recorren os peregrinos.
En Castroverde, atópase tamén Mancubeiro, a parroquia máis grande de Galicia, varios ríos e regatos afluentes do Miño e a Área recreativa Veiga do Olmo, que visitará o espazo da TVG, en que tamén terán cabida as Serras de Moneiro, o Mirador, Puñargo e A Baqueriza, algúns dos enclaves naturais máis destacados da zona.
No apartado gastronómico, “Aquí Galicia” ocuparase das carnes de caza típicas da zona: xabarín e corzo, pero tamén dunha empanada moi especial, tradicional de Castroverde: de queixo do Cebreiro, espinacas e noces.