CRTVG

Buscar

A vida por diante

Capítulo 80: Historia do Santoña

18/12/2007

Hai vida máis alá do naufraxio do "Santoña", isto foi o que veu demostrando a serie ao longo dos episodios da serie de ficción A vida por diante. Os fillos de Renata e Eusebio xa naceron, a nai está esgotada pero conmovida polas mostras de afecto dos seus amigos; mentres que unha Lucía, tamén esgotada, chega á súa casa e unha vez no dormitorio soña co seu defunto marido... Dende outro lado, Aurora está a empaquetar as súas cousas deixando atrás unha casa chea de recordos... pero a vida debe continuar. Tamén Roberto se sentirá nostálxico ao volver ao seu negocio despois de viaxar ata Sada para coñecer os fillos de Renata. Por outra parte, Sofía está cada vez peor nos seus desvaríos, recorda constantemente o seu marido e ás veces pensa que aínda vive e que vai saír ao mar con Carlos, o pai de Carliños, tamén falecido...

Atopar capítulo por: