CRTVG

Buscar

A vida por diante

Capítulo 78: Asuntos de familia

04/12/2007

 

Aurora regresa a Sada e Cris enfádase con ela por non avisar co tempo suficiente para ir recollela. Aurora pediralle a Cris que non conte nada do seu regreso para darlles unha sorpresa ás súas amigas; sorpresa que será maior do que ambas agardan. Por fin se coñecerán Aurora e Pepe. A perruqueira encontrará o seu negocio un pouco cambiado...

O mellor momento para sorprender as súas amigas será no aniversario de Lucía. Mila comproulle un agasallo á súa nai, e esta sospeita que toda a familia e os seus amigos están de acordo para organizarlle algo.

Por outra parte Andrés debe incorporarse ao seu novo posto en Ferrol en dous meses, pero as viaxes entre Sada e o seu destino novo xa comezaron. O médico deberá pasar uns días en Ferrol para cubrir unha baixa por maternidade, noticia que non lle sentará demasiado ben a Marta. A moza está no paro e ten que coidar ela soa de Sofía e Carliños.

Sofía, pola súa banda, cada día está máis rara e desconfiada. Deixa o seu brazalete localizador na casa e Marta sospeita que está movendo as súas contas bancarias. Xesús aconséllalle a Marta que inicie os trámites para conseguir a tutela de Sofía.

Atopar capítulo por: